viernes, 3 de mayo de 2013

Volvendo de Itaca...

De volta do encontro da Gloriosa, fago un alto no Camiño, en Haro, a capital do Rioja, que non da Rioja. É o momento da reflexion. Como sempre, a viaxe non é otra causa que unha viaxe interior, por mais que se poñan kilómetros de por medio. Sempre a viaxe a Ítaca. Parafraseando a Kavafis, o importante non é chegar, o que verdadeiramente trascende é facer o camiño. "Non che ha de dar Ítaca nada que non che teña proporcionado o propio camiño". E ise camiño sublima as coordenadas de espacio e tempo. No momento que te pos a andar, o espacio ten unha relativa importancia; igual acontece co o tempo, que se fai elástico, se encolle e estira, como os reloxes blandos dalinianos; non son horas de sesanta minutos xa. Síntome coma Hans Castorp, o protagonista da "Montaña Máxica", de Thomas Mann, camiño do sanatorio suizo onde o seu amigo convalece.
O pretexto da xuntanza dos esforzados da Gloriosa do 56, cómpreme ben pra volver a experimentar ista vaguedade, esa fugacidade do tempo, mais ben 'suspensión', nun espacio que escapa por baixo dos menús pés, das rodas do meu fotingo.
Ainda non volvo á casa. Sigue, pois, a miña experiencia viaxeira.
Seguirá, tamén, ista narración.